Teño entrevistado xogadores galegos que non falaban palabra na nosa lingua. Hoxe Eneko Bóveda, vasco, pedíume que lle preguntase en galego e que lamentaba non atreverse a falalo. Un pracer xente así.
Xose A. Fraga
26.7K posts
Deportes TVG, área A Coruña - Ferrol. Información e opinión persoal. Podemos concordar ou non, pero sempre con respecto.
A Coruña
Joined February 2011
- Hoxe descubrín o campo de fútbol da Arnela, en Baldaio. Xoias así xa non quedan moitas.
- Lembro o día no que Eneko Bóveda chegou a pedirme disculpas por non saber responder unha entrevista en galego. Hoxe, Imanol Idiakez pediulle ao compañeiro @javitorres6 que lle pregunte en galego "que así aprendo". Actitudes que definen o talante das persoas.
- O 25 de xullo de 1921, a bandeira galega ondeou nun edificio institucional por primera vez na historia. Foi no concello da Coruña. Feliz día de Galicia!!
- Hai días que paga a pena erguerse cedo. Arco da vella sobre A Coruña.
- Ano 2019: o Deportivo queda a un gol do ascenso a Primeira. Ano 2020: o Deportivo queda a un punto da permanencia en Segunda. Ano 2021: o Deportivo queda a un punto de entrar no grupo da loita por ascender. E así se vai escribindo a historia do Deportivo nos últimos anos...
- Últimos 5 anos: Descenso + Non ascenso + Descenso + Non ascenso + Non ascenso. Nunca tantos deron tanto e recibiron tan pouco. E, así e todo, volverán, xa o verán.🎶 "El camino a mi estadio es el más bonito del mundo" 🏟️💙 🔥 #ONFIRECODÉPOR 🔵⚪️🔵 #ARiazorCoaBranquiazul 🔵⚪️🔵
- É máis doado atopar unha agulla nun palleiro que escoitar un neno falar galego na cola dun colexio nas grandes cidades de Galicia. Por iso é tan importante blindar o castelán no ensino e que estea entre as prioridades de quen goberna. Non vaia ser que un día apareza un...
- A TVG deu esta semana os partidos de Breogán e Leyma nos playoff de ascenso á ACB, os 3 do Liceo na Copa, o Mundial de motocross, os 2 do playoff de ascenso a 2RFEF o Depor xuvenil na Copa de Campións e a Copa América. Quen dá máis? Con virtudes e defectos, valoremos o que temos!
- - O Deportivo xunta 3.000 seareiros en León. - O rival, 8 xornadas sen gañar. - No campo, conformismo e derrota. A realidade: - Afección de Primeira - Soldos de Segunda - Adestrador e equipo de Terceira. Nunca foi líder en 28 xornadas. E con este espírito, nin foi nin será.
- Mella, Barcia, Kevin, Rubén...Hai partidos que perdes hoxe pero gañas mañá se os les ben. A lección de hoxe é clara: non precisas 15 fichaxes ao ano se sabes ver o que tes na casa. O Deportivo, no seu peor momento, ten a mellor canteira da súa historia pedindo que abran a porta.
- O fillo no Fuenla; o irmán fai os tests; os que traballaron con el na LFP, no cté de competición; o que o condecorou, "carguito" na Liga. Os Tebas non deixan a ninguén atrás. A "famiglia" sempre é o máis importante.
- Cando Javier Tebas pasa por un xulgado de Fuenlabrada a declarar por presunta estafa e apropiación indebida e a maioría dos medios preguntan por calquera cousa menos polo obxecto da comparecencia, o xornalismo cava aínda máis fondo no foxo da súa credibilidade. Malos tempos.
- Somos moreas os fillos de pais galegofalantes que marcharon da aldea á cidade á busca dun futuro mellor e fomos educados en castelán "polo noso ben". Ata que un día pensei en qué estrano país vivía, no que a lingua propia era motivo de vergoña. Ese día comecei o camiño de volta.










