MANTEÑAMOS VIVA A MEMORIA DE MUGARDOS...
Desde Novembro de 2022 estamos a traballar nun proxecto que pretende recuperar o Patrimonio (in)visible de Mugardos. Organizamos xa dúas xornadas en San Xulián e San Xoán de Piñeiro na que a veciñanza aportou lembranzas, lugares e sentimentos ó mapa. Precisamos da túa colaboración para continuar co proxecto.
PROMOVENDO SOFTWARE E CULTURA LIBRE DESDE 2003
Cultura
Fomentamos o uso das novas tecnoloxías libres e abertas como nexo entre culturas.
Libre
Traballamos para construir unha sociedade do coñecemento baseada nos principios de libre acceso e uso das aplicacións informáticas e da información.
En Galego
Promovemos e impulsar o emprego da lingua galega no eido cultural e tecnolóxico.

A Guía de Autodefensa Dixital (ESF Galicia, CC BY 4.0, 26 de xuño de 2025) explica de xeito accesible por que a ciberseguridade importa no día a día e ofrece alternativas libres e/ou cifradas para substituír servizos de Google e Microsoft. Percorre ecosistemas e ferramentas como F-Droid, Proton, Nextcloud, Disroot ou Framasoft; aborda o Fediverso (Mastodon, PeerTube, PixelFed, Lemmy, Mobilizon) e como funciona a federación; detalla que é “a nube”, os seus impactos en privacidade e ambientais, e cando é realmente necesaria.
A guía inclúe listaxes prácticas de software e servizos: correo e calendario cifrados (Proton, Tuta), mensaxería (Matrix/Element, Signal), videochamadas (Jitsi, BigBlueButton, VDO.Ninja), ofimática (LibreOffice, OnlyOffice), colaboración (Etherpad, CryptPad), formularios (Liberaforms, Yakforms), notas (Standard Notes, Notesnook, Joplin), mapas (OpenStreetMap con OsmAnd/CoMaps/uMap), almacenamento (Proton Drive, Filen, Internxt, OnionShare, Cryptomator) e xestores de contrasinais (Bitwarden, Proton Pass).
Novas da asociación
O vindeiro sábado, 18 de outubro, celebraremos en Mugardos a Xornada de Software Libre 2025, adicada á memoria do noso amigo David Carrace
O vindeiro sábado, 18 de outubro, celebraremos en Mugardos a Xornada de Software Libre 2025, adicada á memoria do noso amigo
RADIO KOMUNA Proxecto destacado
Radio Komuna pretende manter viva a historia do movemento asociativo e cultural de Mugardos; darlle voz ós seus proxectos e servir como punto de encontro entre asociacións e organizacións da vila.
Canle Telegram Tódalas novas da asociación no teu móbil
Telegram é un aplicativo móbil, libre e gratuito, de mensaxería instantánea que permite ademáis de mensaxes, enviar arquivos e fotografías, xestionar grupos e canles para informar a grupos de persoas.
Drupal Software libre para crear sitios e aplicacións web
Drupal é unha peza de software libre para crear sitios web. Na asociación levamos máis dunha década empregando, formando e participando na comunidade Drupal.
