Inicio

 

Matrícula 2025/2026

 

Que non che conten historias

E fai Historia con nós!

 

Actos de Graduación

Consulta os diferentes Actos de Graduación na Facultade de Historia de Ourense.

 

Campus Remoto

Campus Remoto é o novo servizo que centraliza nun único punto as diversas ferramentas de teledocencia da Universidade de Vigo: FaiTIC, Aulas virtuais “en directo” e Foro do profesorado.
 

 

A Facultade de Historia de Ourense é un espazo aberto á aprendizaxe, á investigación e á innovación. Situada no campus norte, combina o compromiso coa calidade docente e o rigor científico cunha forte conexión coa realidade social e cultural do país.

O Grao en Xeografía e Historia e o PCEO Turismo–Xeografía e Historia ofrecen unha formación sólida e versátil. Preparan profesionais capaces de traballar en múltiples ámbitos como a docencia, o patrimonio e a xestión cultural, o turismo sostible, a planificación territorial, a investigación ou a comunicación do coñecemento histórico.

Formarse connosco é apostar por unha carreira con proxección, que combina o estudo do pasado coa comprensión dos retos do presente. Porque facer historia con nós tamén é construír futuro.

Grao semipresencial en Xeografía e Historia

A modalidade semipresencial é unha forma de facer a túa carreira a distancia. Coa axuda de materiais en liña e a obriga de realizar titorías (presenciais ou virtuais) previamente concertadas coa persoa responsable da materia, así como a asistencia ás probas de avaliación, poderás cursar os teus estudos en Xeografía e Historia sen ter que asistir todos os días de forma presencial ás aulas.

Posibilidade de asistir ás clases presenciais.
Contacto directo co profesorado responsable da materia.
Posibilidade de avaliación continua.
Posibilidade de contacto co estudantado presencial e coa Delegación de Estudantes da Facultade de Historia.
Atención personalizada.

MÁIS INFORMACIÓN