Facultade de Educación e Traballo Social
Somos unha facultade cunha longa tradición na formación de profesionais do ámbito socioeducativo. Pertencemos á Universidade de Vigo e ubicámonos nun campus urbano, situado no centro da cidade de Ourense.
A nosa misión é contribuír á construción dunha sociedade máis diversa e inclusiva a través da formación de profesionais expertos en atención á diversidade, así como de investigacións que posibiliten a mellora da vida das persoas, con especial atención ás máis vulnerables.
É por iso que procuramos a excelencia, a atención á diversidade, a igualdade de oportunidades e o dereito á diferenza. Pretendemos conformar un espazo formativo con accesibilidade universal que transcenda as aulas e xere contextos de aprendizaxe inclusivos e promotores da diversidade.



