IMPULSAMOS A TRANSFORMACIÓN INDUSTRIAL DO SECTOR
Innovación aplicada, diversificación e talento para fortalecer a automoción e a mobilidade
O NOSO OBXETIVO
O programa ten como obxectivo acelerar a incorporación de novas tecnoloxías no tecido produtivo, impulsar a diversificación empresarial e xerar novas oportunidades de emprendemento con aplicación real na industria.
Traballamos para reforzar a capacidade tecnolóxica das empresas, ampliar o alcance cara a novos ámbitos de mobilidade e fomentar o desenvolvemento de talento e novas iniciativas empresariais vinculadas ao sector.
O noso propósito é claro: transformar innovación en competitividade industrial sostible.
Fases do programa
ACELERACIÓN
Dirixida a proxectos en fase inicial que buscan desenvolver e contrastar a súa solución nunha contorna empresarial.
Nesta etapa trabállase na definición e axuste do modelo de negocio, o desenvolvemento da proposta de valor e o contraste con necesidades reais do sector, co obxectivo de avanzar cara á súa implantación en mercado.
CONSOLIDACIÓN
Orientada a iniciativas cunha solución definida que necesitan reforzar o seu posicionamento e escalar a súa actividade.
A fase céntrase en consolidar a súa presenza no mercado, fortalecer a súa estrutura empresarial e ampliar a súa integración na cadea de valor, a través de acompañamento estratéxico, conexión sectorial e desenvolvemento comercial.
¿Qué ofrecemos?
Apoio financieiro
Apoio financieiro
Colaboración no sector
Colaboración no sector
Espazos de traballo
Espazos de traballo
Formación aplicada
Formación aplicada
Acompañamento especializado
Acompañamento especializado
Visibilidade e networking
Visibilidade e networking
- Apoyo financiero
- Colaboraciones en el sector
- Espacios de trabajo
- Formación
- Tutores
- Visibilidad y networking
Acceso a instrumentos adaptados ao grao de madurez de cada proxecto, que poden incluír subvención pública, financiamento participativo e a posible entrada de investidores estratéxicos. Estes mecanismos están orientados a facilitar o desenvolvemento tecnolóxico, a validación en contorna empresarial e o crecemento sostible da iniciativa, conforme ás condicións establecidas nas bases da convocatoria.
Acceso directo ao ecosistema industrial de automoción e mobilidade, incluíndo empresas tractoras, provedores e axentes tecnolóxicos. Facilitamos o contraste de solucións sobre necesidades reais, o desenvolvemento de pilotos e a xeración de oportunidades comerciais. As empresas colaboradoras participan activamente na definición de retos e na identificación de oportunidades de diversificación.
Unha contorna integrada no ecosistema industrial galego que favorece o traballo colaborativo e o contacto permanente con empresas e centros tecnolóxicos. Un espazo concibido para impulsar a interacción entre proxectos, compañías consolidadas e axentes do coñecemento, acelerando a evolución das iniciativas nun contexto empresarial esixente.
Un itinerario estruturado que combina xeración de oportunidades e desenvolvemento de proxectos con enfoque industrial. Inclúe dinámicas orientadas á diversificación empresarial, o impulso ao intraemprendemento e a maduración estratéxica de iniciativas con orientación B2B. A metodoloxía é práctica, sectorial e centrada na toma de decisións reais.
Seguimento técnico e estratéxico adaptado ás necesidades de cada proxecto. O apoio combina asesoramento en desenvolvemento tecnolóxico, definición de proposta de valor, modelo de negocio, estratexia de crecemento e acceso a mercado, con profesionais en activo e experiencia no sector.
Integración nunha rede consolidada de empresas tractoras, investidores e entidades clave do ecosistema. Organizamos encontros sectoriais, espazos de conexión e presentacións ante actores estratéxicos, favorecendo o posicionamento do proxecto e a xeración de novas oportunidades de colaboración.
A quEn vaI diriXido
O programa está orientado a iniciativas que contribúan ao fortalecemento e á competitividade do tecido tecnolóxico e empresarial en Galicia.
Startup
Empresas de recente creación que desenvolven solucións innovadoras con proxección industrial.
One company
spin-out
Iniciativas impulsadas desde unha empresa para desenvolver novas liñas de negocio ou tecnoloxías.
Several companies
spin-out
Proxectos promovidos por varias empresas que colaboran para lanzar unha nova iniciativa empresarial.
Spin-off
Iniciativas xurdidas nas universidades ou centros tecnolóxicos orientadas ao seu desenvolvemento no mercado.
Qué buscamos
Buscamos proxectos tecnolóxicos con aplicación real no ámbito da automoción e da mobilidade, capaces de achegar solucións concretas tanto aos retos industriais do sector como aos novos desafíos vinculados á mobilidade sostible, conectada e intelixente.
Priorizamos propostas con capacidade para xerar impacto real no ecosistema de automoción e mobilidade, claramente aliñadas coas necesidades concretas do sector e con potencial de validación en contornas industriais ou de uso real.
Áreas estratéxicas prioritarias para proxectos con impacto industrial
APLICACIÓNS TECNOLÓXICAS EN MOBILIDADE
AUTOMATIZACIÓN INDUSTRIAL E ROBÓTICAS
BATERÍAS, ALMACENAMENTO ENERXÉTICO E HIDRÓXENO
ECONOMÍA CIRCULAR E SOSTENIBILIDADE
EFICIENCIA ENERXÉTICA E ELECTRIFICACIÓN
ERGONOMÍA INTELIXENTE E TECNOLOXÍAS DE ASISTENCIA AO OPERARIO
FABRICACIÓN ADITIVA E NOVOS MATERIAIS
XEMELGO DIXITAL E SIMULACIÓN DE PROCESOS
INTERFACE HOME- MÁQUINA E EXPERIECIA DE USUARIO
INTERNET DAS COUSAS E CONECTIVIDADE
INTELIXENCIA ARTIFICIAL E ANÁLISE DE DATOS
LOXÍSTICA INTELIXENTE E TRAZABILIDADE
SEGURIDADE INTEGRAL
VISIÓN ARTIFICIAL E MONITORIZACIÓN INTELIXENTE
¿Como é o proceso de selección?
O proceso está deseñado para identificar proxectos con solidez tecnolóxica, viabilidade empresarial e encaixe estratéxico no sector.
INSCRIPCIÓN
As iniciativas interesadas presentan a súa candidatura a través do formulario en liña, achegando información técnica e empresarial do proxecto, así como o grao de desenvolvemento da solución e a súa orientación a mercado.
PRESELECCIÓN
O equipo xestor revisa as solicitudes e verifica o cumprimento dos requisitos establecidos nas bases. Nesta fase analízase o encaixe sectorial, o nivel de innovación, a madurez do proxecto e a coherencia do modelo de negocio.
AVALIACIÓN
Valóranse a diferenciación tecnolóxica, a viabilidade, o potencial de crecemento, o encaixe sectorial e a capacidade do equipo.
ENTREVISTAS
Os proxectos finalistas presentan a súa proposta #ante o comité nunha sesión de contraste. Esta etapa permite profundar na estratexia, o posicionamento en mercado e a capacidade de execución do equipo.
PUBLICACIÓN
Tras a valoración final, comunícanse os proxectos seleccionados para a súa incorporación ao programa. A partir dese momento iníciase o proceso de integración e planificación personalizada.