Últimas Novas + ![]()
Nova edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas
A RAGC, en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), convoca a undécima edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2026. Está destinado a galardoar unha peza xornalística de carácter informativo, en formato escrito...
A oceanógrafa Aida Fernández Ríos, “Científica Galega do Ano”
A RAGC elixiu á oceanógrafa Aida Fernández Ríos como “Científica Galega do Ano”. Foi unha investigadora de referencia internacional no estudo dos océanos, con grande impacto no eido ambiental e climático. “Preténdese así poñer en...
Inauguración do curso da Academia e entrega dos “Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC”
A Academia celebrou o acto de apertura do seu curso, no compostelán Pazo de San Roque. Ao evento asistiu o presidente, Juan Lema, e o resto do equipo de goberno da institución, xunto a outras académicas e académicos. Acompañáronos diversas autoridades como o...
Homenaxe “in memoriam” do profesor José Antonio Redondo
A RAGC e a Universidade de Santiago celebraron un acto “in memoriam” do académico José Antonio Redondo López, falecido o pasado mes de xuño. O evento tivo lugar na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, onde o homenaxeado foi vicedecano e profesor. O...
Sete equipos galegos, galardoados cos “Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC”
A Real Academia Galega de Ciencias e a Fundación Barrié crearon os “Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC”, destinados a recoñecer as mellores investigacións que se desenvolve na nosa comunidade en Ciencias Básicas, Técnicas e Sociais. Os tres traballos...
A RAGC e a Xunta convocan os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2026 (prazo: 28 de febreiro)
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, convoca os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2026. O obxectivo destes galardóns é recoñecer casos de éxito de transferencia de coñecemento na comunidade e...
Día da Ciencia en Galicia
No contexto da promoción social do coñecemento, obxectivo xeral desta Real Academia, creuse que sería moi conveniente presentar á sociedade galega a vida e obra daqueles galegos ilustres que destacaron pola súa contribución ao desenvolvemento da ciencia e aos non galegos que realizaron en Galicia importantes contribucións no ámbito científico-técnico.
Por iso, a Real Academia Galega de Ciencias, en sesión plenaria celebrada o 6 de xullo de 2006, acordou instituír o Día do Científico Galego. Cada ano, a Academia acordará en sesión plenaria a designación dun personaxe que, reunindo algunha das condicións anteriores, será proclamado Científico Galego do ano. O acordo establece tamén que, aínda que a designación é para todo o ano, renderáselle unha homenaxe pública nun acto solemne.






