O Concello de León contou co equipo de Rexenerando en 2024 para a formación do equipo do programa Espabila, promovendo a incorporación da perspectiva da diversidade sexual nos proxectos e servizos dirixidos á mocidade, ao tempo que se facilitaban ferramentas para a detección de valores e/ou actitudes lgbtfóbicas, contribuíndo á creación de espazos máis seguros para todas, todos e todes. O deseño da formación incorporou metodoloxías e ferramentas da facilitación de grupos, traballando a adquisición de contidos relacionados coas realidades LGBTI+ e a concepción da diversidade sexual como unha oportunidade educativa, ao tempo que traballou a cohesión do grupo e a expresión de dificultades e necesidades relacionadas coa xestión da diversidade na súa actividade profesional.
Este proxecto foi un paso máis na nosa estratexia de deseñar procesos formativos en diversidade sexual con axentes con moita capacidade de influencia (profesorado, monitorado de actividades de tempo libro, etc.), acompañando procesos institucionais que colocan o benestar da mocidade no centro da intervención educativa.









