Sivapithecus é un xéneroextinto de primateshomínidos do Mioceno. Os seus fósiles, datados entre 12,5 a 8,5 millóns de anos de antigüidade (Serravalliense a Tortoniense), foron achados desde o século XIX en Siwalik Hills, no que actualmente son a India e Paquistán. Calquera das especies deste xénero poderían ser devanceiros do orangután moderno.
Dende 1961 coa descuberta de restos dunha mandíbula parecida por Richard Leakey, e sobre todo tras unha serie de artigos de Elwyn Simons e David Pilbeam sobre a súa dentame, pensouse que era un antepasado humano, ata que en 1981 novos descubrimentos de simios fósiles en Turquía e Paquistán invalidaron as conclusións previas, e agora a maioría dos investigadores clasifícano dentro do xénero Sivapithecus, un antepasado do orangután.