O Portable Executable (PE) é un formato de ficheiro para código executable nativo en sistemas operativosWindows de 32 e 64 bits, así como en contornos UEFI.[1] Úsase para executables nativos (.exe, .com), bibliotecas de ligazón dinámica (.dll, .ocx), controladores de sistema (.sys, .drv) e moitos outros tipos de ficheiros. O formato PE permite almacenar os datos necesarios para cargar e iniciar un proceso do sistema operativo, incluíndo referencias a bibliotecas de ligazón dinámica, táboas para importar e exportar funcións da interface de programación de aplicacións (API), datos de xestión de recursos e información de almacenamento local en subprocesos (TLS).
Funcionalmente, o formato PE é similar a outros formatos executábeis específicos da plataforma, como o formato ELF usado en Linux e na maioría dos sistemas tipo Unix, e o formato Mach-O que se atopa en MacOS e iOS.
↑"UEFI Specification, version 2.8B"(PDF)(en inglés). maio de 2020. Unha nota na páxina 15 afirma que «este tipo de imaxe escóllese para permitir que as imaxes UEFI conteñan instrucións Thumb e Thumb2 mentres se definen as propias interfaces EFI para que estean en modo ARM».