Gratis enfrontado a libre
| Gratis enfrontado a libre | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||

Gratis (sen custo) e libre (sen restricións) son dous significados do adxectivo inglés free. A ambigüidade de free pode ser problemática cando a distinción é importante, a miúdo no contexto das leis relativas ao uso da información, os dereitos de autor e as patentes. Polo tanto, en inglés, os termos derivados do latín gratis e libre úsanse ás veces, no mesmo sentido que en galego, para distinguir estes dous significados.
Os termos gratis e libre poden empregarse para clasificar a propiedade intelectual como os programas informáticos, segundo as licenzas e restricións legais que os cobren, especialmente nas comunidades de software libre e código aberto, así como no movemento máis amplo da cultura libre. Por exemplo, úsanse para distinguir o freeware (software gratis) do software libre.[1]
O defensor do software libre e fundador de GNU, Richard Stallman, defende o uso do lema: «Pensa en free (libre) como en liberdade de expresión, non en cervexa gratis». Isto basicamente significa: «Pensa en free como en libre, non gratis».[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O que é o software livre?". GNU.org (en portugués). Consultado o 2026-02-28.
- ↑ Lessig, Lawrence (setembro de 2006). "Free, as in beer" (en inglés). Wired. Arquivado dende o orixinal o 2007-01-25. Consultado o 2009-03-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alecrim, Emerson (2011-05-01). "Software livre, código aberto e software gratuito: as diferenças". Infowester (en portugués). Consultado o 2026-02-28.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |