ℹ️ O portal de estudos da UDC só amosa os datos dos últimos 3 cursos académicos (e ás veces nin sequera xa que están repetidos). Quen non quere revivir vellos tempos e ver como evolucionaron os resultados dos seus graos ao longo dos anos? Ademais, a información histórica é esencial para identificar tendencias, avaliar o rendemento académico e tomar decisións informadas sobre a educación superior.
❓Por outra banda, o formato no que aparecen os datos no portal de estudos dificulta a visualización áxil de preguntas que todos nos facemos, como pode ser Cal é a asignatura con menor taxa de aprobados do grao?. Actualmente habería que ir vendo a ollo ata onde alcanza cada barra verde ou mesmo calcular as porcentaxes de aprobados "a man" para todas as asignaturas do grao.
🤔 Se quixeramos comparar os diferentes graos entre si, ou mesmo comparar os resultados de cada grao ao longo dos anos, a tarefa sería aínda máis ardua. No primeiro caso, teríamos que acceder ao portal de estudos para cada grao e comparar os datos visualmente. No segundo caso, teríamos que mudar de lapela entre os anos académicos constantemente.
💡 Polo tanto, o noso proxecto trata de resolver estas limitacións proporcionando unha plataforma centralizada onde os usuarios poden acceder tanto a datos históricos que xa non están dispoñibles no portal de estudos oficial, como a datos de varias titulacións ao mesmo tempo.
Log in or sign up for Devpost to join the conversation.