O autor
Son Xurxo/Jorge, gústanme os xogos, os morcegos, os adxectivos rematados en -z e os neoloxismos.
Alén deste blogue, pódesme atopar allures. Pregúntaste a que ando arestora?
O contido
Este blogue alberga todo o histórico do que vou escribindo desde hai máis de vinte anos, así que le con compaixón. Podes percorrelo por meses, por categorías, ou ao chou. E seguilo no Fediverso en @xurxo@xurxodiz.eu.
O contedor
Este sitio é un WordPress portando unha intensa modificación do tema Author á que chamei Barthes, e atópase en permanente construción.
